A Axencia
COMUNICACIÓN 360
Galicia Media naceu en Santiago de Compostela en 1993 coa intención de satisfacer todas as necesidades de comunicación dos nosos clientes, ofrecéndolles un servizo integral, eficiente e personalizado.
O noso equipo humano, integrado por profesionais especialistas no eido da publicidade, deseño, comunicación, novas tecnoloxías… está en constante proceso de formación para ofrecer aos nosos clientes sempre unha estratexia novidosa e única, pensada para cumprir cos obxectivos especícos de cada campaña.
O que nos permite ofertar un gran abanico de servizos como son a elaboración de plans de medios e compra de espazo publicitario, tantos nos medios tradicionais como nos novos soportes dixitais, deseño de campañas de comunicación e relacións públicas, creación de orixinais, publicacións editoriais, produción de spots publicitarios, elaboración de banners e contidos multimedia, asesoramento e revisión lingüística,… así como calquera outro tipo de acción que axude a que os nosos clientes alcancen o seu target nal, optimizando sempre ao máximo o orzamento dispoñible.
Hoxe en día as nosas instalacións están en A Coruña
Fala con nós
Tel. 648 22 88 79