Servizo de tradución e supervisión lingüística
Precisión lingüística e rigor profesional para que a túa mensaxe non coñeza fronteiras.
Solucións para a túa mensaxe
En Galicia Media sabemos que unha boa tradución vai moito máis alá de cambiar palabras: trata de transmitir a esencia e o ton exacto da túa mensaxe. Ofrecemos servizos de tradución e interpretación directa e inversa nunha ampla variedade de idiomas (inglés, francés, portugués, italiano, alemán), ademais da nosa especialidade bilingüe en castelán e galego. Tamén xestionamos proxectos de tradución xurada en idiomas da Unión Europea para que a túa comunicación internacional cumpra con todos os requisitos técnicos e legais.
Para garantir que os teus textos destaquen coa máxima calidade, contamos cun servizo integral de supervisión lingüística. Analizamos exhaustivamente contidos publicitarios, técnicos, literarios ou xurídicos, aplicando rigorosas correccións de estilo e ortotipografía. Deste xeito, coidamos os teus documentos ata a fase de preimpresión, asegurando que cada campaña ou publicación chegue ao público cunha redacción perfecta, adaptada e profesional.
Preparado para facer medrar a túa marca?
Pídenos presuposto sen compromiso ou cóntanos a túa idea. O noso equipo está listo para axudarche.
