Investigación, Desenvolvemento e Innovación

Contamos con todas as aplicacións I+D+i do mercado para a compra de campañas.

Innovación tecnolóxica na comunicación

O noso afán innovador no eido da comunicación lévanos a realizar unha inversión continua en proxectos de I+D+i. Isto implica non só a incorporación e adaptación das tecnoloxías emerxentes á nosa empresa, senón tamén o desenvolvemento de novas ferramentas para ofrecer ao mercado publicitario, adiantándonos sempre ás novas tendencias neste campo.

Para logralo, traballamos coas aplicacións máis potentes do mercado (como TomMicro, GfK Media, Galileo e Kantar Media) na análise, planificación e medición de audiencias. Isto converte a Galicia Media nunha das poucas empresas integramente galegas que realiza unha planificación e seguimento de campañas publicitarias de maneira altamente cualificada e con información precisa en calquera tipo de pantalla e soporte.

Preparado para facer medrar a túa marca?

Pídenos presuposto sen compromiso ou cóntanos a túa idea. O noso equipo está listo para axudarche.